Aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia

Aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia

16 February 2022/concello/Xeral

En marzo comezarán a impartirse clases de ximnasia para adultos na Pobra do Brollón. As clases serán dous días á semana en horario de tarde, no Pavillón Municipal.

Están dirixidas a adultos de tódalas idades. O prezo son 10 euros mensuais.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente no teléfono 982 430 447 ou presencialmente nas oficinas de Servizos Sociais, en horario de martes de 9:30 a 13:30 e xoves de 16:00 a 19:00.

En función das persoas interesadas, faranse os grupos e concretaranse os horarios. 



RELACIONADO