Escapada a la Guimaralia en colaboración con el Albergue de A Pobra do Brollón

Escapada a la Guimaralia en colaboración con el Albergue de A Pobra do Brollón

21 May 2024/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón colabora co Albergue municipal cunha proposta dunha fin de semana completa para coñecer toda a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística do noso municipio.

Será dende a tarde do sábado 8 ata a tarde do domingo 9 de xuño. O prezo son 65€ por persoa que inclúe todas as actividades, a cea do sábado, o almorzo e xantar do domingo, e durmida no Albergue da Pobra do Brollón.

É preciso reservar praza antes do 2 de xuño. Para máis información e reservas hai que contactar no teléfono 609490941.

O programa é o seguinte:

Sábado 8 de xuño a partir das 17:00 

  • Recepción de participantes no Albergue da Pobra do Brollón. Traslado a Vilachá de Salvadur en bus.
  • Paseo pola Ribeira Sacra guímara atravesando viñedos e con visita guiada ao xacemento de Os Conventos.
  • Cata musical con Suso 40 nas adegas medievais de Vilachá (inclúe cata de viños locais e pinchos)
  • Cea e volta ao Albergue

Domingo 9 de xuño a partir das 9:00

  • Almorzo no Albergue 
  • Breve charla introdutoria: A Guimaralia e arqueoloxía en comunidade
  • Paseo polo Camiño de Inverno con visita guiada ao Casco Histórico da Pobra do Brollón
  • Visita ao Castro de San Lourenzo en Cereixa
  • Visita ao lugar de memoria histórica da Casa de Repil
  • Xantar no Fogón en Cereixa, a primeira parrillada da provincia de Lugo



RELACIONADO