Abre o prazo para solicitar as axudas para empresas e emprendedores dentro do plan Prende! da Deputación

Abre o prazo para solicitar as axudas para empresas e emprendedores dentro do plan Prende! da Deputación

13 July 2020/concello/Xeral

A Deputación de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria das axudas a empresas e emprendedores dentro da segunda fase do plan Prende! Bota Raíces no Rural, impulsado pola institución provincial co obxectivo de fixar poboación moza nas zonas menos poboadas da provincia favorecendo a súa inserción no mercado laboral. 

A Deputación concederá axudas a empresas por importe de 5.700€ por cada persoa que contraten durante un período de un ano, para un total de 30 contratos. Ademais, outorgará catro bolsas de 8.550€ a emprendedores para poñer en marcha o seu proxecto empresarial.

As persoas interesadas en solicitar algunha destas convocatorias deben estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e empadroados en concellos lucenses de menos de 5.000 habitantes ou entre 5.000 e 10.000 con saldo demográfico negativo na última década.

Os interesados nas axudas xa poden formalizar a súa solicitude de forma telemática e achegar a documentación necesaria a través da sede electrónica da Deputación: http://sede.deputacionlugo.org. 

Prende! Bota Raíces no Rural conta cun orzamento de 300.000€, achegados nun 92% polo Fondo Social Europeo. Está dirixido a un dos colectivos que o teñen máis difícil para encontrar un emprego: menores de 30 anos, desempregados, que non estean a estudar. 
 



RELACIONADO