Entroido 2025: Desfile

Entroido 2025: Desfile

13 Febrero 2025/concello/Cultura

O sábado 1 de marzo acontecerá o Desfile de Entroido 2025, coa animación musical da Charanga Terras do Bibei.

O desfile sairá ás 17:00 horas dende o cruce da estrada de Saa coa Avenida de Galicia, percorrendo as rúas da Pobra do Brollón e finalizando na área recreativa de Samugueiros.

Como todos os anos, o Concello da Pobra do Brollón organiza un concurso de disfraces para premiar ás mellores carrozas, comparsas e disfraces individuais. Os criteiros do xurado serán a montaxe, elaboración, orixinalidade, así como o humor e os materiais utilizados.

Os premios entregaranse o propio día ao remate do desfile na área recreativa. Para participar, é preciso inscribirse ata o 28 de febreiro na Biblioteca municipal en horario de 10:30 a 13:30 horas, de maneira presencial ou no teléfono 982 430 546.

Consulta as bases do concurso neste enlace.



RELACIONADO