Presentación del libro ‘Diario de Lugo, 1936’ de Ben-Cho-Shey, este miércoles 18 en la Casa de la Cultura 'Olga Novo'

Presentación del libro ‘Diario de Lugo, 1936’ de Ben-Cho-Shey, este miércoles 18 en la Casa de la Cultura 'Olga Novo'

17 Diciembre 2024/concello/Cultura

Este mércores 18 preséntase na Pobra do Brollón o libro Diario de Lugo, 1936, unha crónica xornalística que relata o primeiro mes do golpe de estado. Un texto inédito ata o pasado mes de novembro, cando foi publicado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A presentación será ás 20:15 na Casa da Cultura 'Olga Novo' a cargo de Xoán Ramiro Cuba, responsable do equipo de investigación, e Brais García Fernández, membro do equipo de investigación e actual responsable do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

O golpe de estado do 1936 colle a Ben-Cho-Shey (Xosé Ramón e Fernández-Oxea) en Lugo, onde traballaba de inspector de primeira ensinanza e era o responsable do Partido Galeguista.

Neses funestos días, deixa escrito nun diario as súas vivencias daqueles momentos tráxicos nos que a súa vida corre un serio perigo. Nas páxinas dese diario narra cunha lucidez extraordinaria os sucesos que se viven na cidade de Lugo e as arrepiantes noticias que lle chegan doutros lugares de Galiza.

Ben-Cho-Shey comeza a redactar a súa crónica o mesmo 18 de xullo ata o 21 de agosto. Fará a finais do 1936 e a inicios de 1937 dous breves apuntamentos a xeito de síntese e epílogo. Estas dúas anotacións suceden xusto antes e despois do seu proceso de depuración, resolto coa suspensión de emprego e o desterro a Estremadura.



RELACIONADO