Zumba súmase á oferta de actividades deportivas municipais. As clases comezan neste mes de outubro e serán os venres de 18:30 a 19:30 no Pavillón muncipal da Pobra do Brollón.
O prezo é 15€ ao mes e terán prioridade as persoas empadroadas. A actividade amplía así as actividades deportivas municipais xa en marcha: ioga, pilates e ximnasia.
As inscricións realízanse nas oficinas de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 13:00h (Casa da Cultura, 1º andar. Tlf. 982 430 447) ou na Biblioteca municipal de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 18:30 horas (Casa da Cultura, 2ºandar. Tlf. 982 430 546).