A partir da semana que vén e durante todo o curso escolar, dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos ás nenas e nenos a posibilidade de realizar actividades deportivas á saída do colexio. Ofreceranse os luns e mércores durante todo o curso escolar 2024-25.
As actividades comezarán o luns 16 de setembro. Durante o mes de setembro, o horario será de 15:00 a 16:00 horas. A partir do outubro, o horario será de 15:45 a 17:15 horas.
Para máis información e inscricións, as familias interesandas poden contactar coas oficinas de Servizos Sociais en horario de 9 a 13:00 h, na Casa da Cultura 'Olga Novo', 1º andar ou no teléfono 982 430 447.