Paradas del Punto Limpo Móvil en la segunda quincena de julio

Paradas del Punto Limpo Móvil en la segunda quincena de julio

15 Julio 2024/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón, no seu propósito de respecto polo medio ambiente a partir dunha mellor xestión dos residuos xerados nos fogares, pon a disposición de toda a veciñanza un Punto Limpo Móbil que percorrerá todas as parroquias do municipio.

No Punto Limpo Móbil pódense depositar determinados refugallos para a súa posterior reciclaxe, tales como: pilas, medicamentos e os seus envases, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas, tóners e cartuchos de impresoras.

O Punto Limpo Móbil visita todas as parroquias do Concello seguindo un percorrido lóxico para a súa operatividade efectiva. Situarase nos puntos previamente sinalizados e permanecerá durante ao menos dous días en cada parroquia.

As vindeiras paradas do mes de xullo serán:

  • A Estación. 15-16 xullo
  • Vilachá. 17-18 xullo
  • Liñares. 19-21 xullo
  • Pinel. 22-23 xullo
  • Abrence. 24-25 xullo
  • Cereixa. 26-28 xullo
  • Fornelas. 29-30 xullo
  • Eixon. 31 xullo-1 agosto

Dende o concello queremos pedir a colaboración da cidadanía facendo un uso correcto do Punto Limpo Móbil e coidando que se manteña en boas condicións para que toda a comunidade do Concello da Pobra do Brollón poida facer uso del.



RELACIONADO