Abierto el períiodo de inscripciones para el III Trail Capela San Vitoiro

Abierto el períiodo de inscripciones para el III Trail Capela San Vitoiro

05 Julio 2024/concello/Xeral

O sábado 7 de setembro celebrarase o III Trail e Andaina Capela San Vitoiro, unha boa oportunidade para explorar os camiños da Pobra do Brollón facendo deporte e desfrutando dun ambiente festivo.

Como en edicións anteriores, haberá dúas modalidades de trail: o longo de 28 km e un minitrail de 14 km. Ademais, como novidade deste ano, haberá unha proba para rapaces e rapazas de 12 a 15 anos: o Corziñ@s Trail, de 1,8 km de longo.

Tamén se ofrece unha andaina a elixir entre dous percorridos, de 9 km e 14 km.

O período de inscricións estará aberto dende o 1 de xullo ata o 23 de agosto, a través da web de Cronotec (enlace aquí).

O regulamento pódese consultar aquí.



RELACIONADO