El equipo de agentes ambientales del Distrito VIII-Terra de Lemos atiende ao público los miércores en el Ayuntamiento

El equipo de agentes ambientales del Distrito VIII-Terra de Lemos atiende ao público los miércores en el Ayuntamiento

19 Junio 2024/concello/Xeral

O novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello da Pobra do Brollón do Distrito VIII-Terra de Lemos atenderá aos cidadáns e cidadás todos os mércores de 11:00 a 13:00h na Casa do Concello. 

O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención ao público sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal e os montes, co obxectivo de achegar a administración autonómica á cidadanía.

Entre os servizos ofertados, inclúense: 

  • Xestionar permisos de corta para uso doméstico.
  • Asesoramento e información sobre distancias en plantacións e a xestión de biomasa forestal para a prevención de incendios forestais.
  • Información xeral sobre o eido forestal e a tramitación administrativa.

Calquera veciño ou veciña do concello pode usar o servizo, e non hai que solicitar cita previa.

Tamén se ofrece atención telefónica nos seguintes números: 609 284 915 (Felipe), 609 968 769 (Javier) e 982 889 122 (oficina central do Distrito VIII-Terra de Lemos).



RELACIONADO