La Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño visita A Pobra do Brollón este jueves 19

La Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño visita A Pobra do Brollón este jueves 19

17 Octubre 2023/concello/Cultura

Este xoves 19 de outubro, A Pobra do Brollón recibirá a visita de Yolanda Castaño, recentemente distinguida co Premio Nacional de Poesía 2023, así como co Premio da Cultura Galega na categoría de Letras.

A poeta impartirá dúas actividades, ambas enmarcadas no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. A actividade de mañá será no colexio da Pobra do Brollón e consistirá nun contacontos en verso baseado nas obras da autora dirixidas a público infantil.

A segunda actividade será ás 18:00 da tarde, dirixida a público adulto, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Consistirá nunha charla aderezada con anécdotas e poemas, na que Castaño contará como analizou e superou prexuízos e actitudes patriarcais, abríndose paso na profesión como muller, galega e poeta dende tan só 17 anos. 

A visita de Yolanda Castaño non é o único evento cultural programado na Pobra do Brollón esta semana. O sábado 21 de outubro, a Asociación veciñal de Parada dos Montes organiza a proxección do premiado documental do chantadino David Vázquez, O último de Arganeo, centrado na vida e reflexións do mozo pastor leonés Edilberto Rodríguez. Será con entrada libre ás 19:30 na parroquia de Parada dos Montes.



RELACIONADO