O Ciclo Mestre Mateo continúa este domingo 1 de outubro coa película ‘O corpo aberto’, gañadora de 12 premios Mestre Mateo, entre eles, Mellor longametraxe, Mellor guión e Mellor interpretación masculina protagonista.
A proxección será ás 19:00 horas na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Sinopse da película:
1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.
O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.
As seguintes proxeccións programadas na Pobra do Brollón son: