Abre o prazo de matrícula nas actividades do curso 2023-24 na Pobra do Brollón: ximnasia, ioga, pilates, zumba, baile de salón e manualidades (ver horarios abaixo).
A matrícula debe realizarse presencialmente do 24 ao 30 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas, na Biblioteca municipal ou nas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura ‘Olga Novo’).
Debido a unha cuestión técnica, o pago deberase realizar en efectivo e non por domiciliación, como informamos inicialmente. O pago realizarase trimestralmente, presentando a cantidade do primeiro trimestre no momento de realizar a matrícula.
Os prezos para as actividades dun día á semana é de 15€ ao mes para persoas empadroadas, ou 20€/mes para non empadroadas. Para as actividades de dous días á semana, 20€ ao mes para persoas empadroadas, ou 25€/mes para non empadroadas.
Para que as actividades poidan realizarse, precísase un mínimo de 15 persoas por grupo para as actividades na Pobra e 10 persoas por grupo para as actividades por parroquias. No caso de non facer grupo dalgunha actividade, dende o Concello avisaremos ás persoas matriculadas e non se lles pasará o pago.
As actividades comezarán o venres 1 de setembro. Desenvolveranse no pavillón municipal, excepto as actividades por parroquias.
Horario das actividades: