O sábado 8 de xullo, celebrarase a 8ª edición da Feira Guímara, cunha xornada repleta de actividades para conmemorar a revolta da veciñanza da Pobra do Brollón contra o Conde de Lemos.
Información sobre postos de artesanía e produtos locais.
Bases dos concursos de Estandartes, Caracterizacións e Xogos populares.
Programa:
Pregón: lectura dramatizada a cargo de Merche Pérez e Manuel Ayán.
Representación escénica dxs nenxs do obradoiro de teatro MRMC O Piñeiro Máxico
Representación da Revolta Guímara
Vermú musicada: Os Ministreles do Burgo
Haberá mesas de uso libre
Polbeiras e postos de viño e comida
Pasamesas musical
Campionatos de xogos populares: chave, ra, tira-soga
Concertos: Airiños da freba e Os Rastreros