En marcha obras para mellorar os camiños e accesos nas parroquias

Obra estrada A Pobra do Brollón

En marcha obras para mellorar os camiños e accesos nas parroquias

08 November 2019/concello/Xeral

Actualmente no Concello da Pobra do Brollón temos en marcha dúas liñas de subvencións principais para mellorar os camiños e accesos nas diferentes parroquias.

Por un lado, o Plan de Mellora de Camiños Municipais que concede a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Esta liña destinámola entre 2019 e 2020 a camiños en Guariz, Brollón e Castrosante. Aproximadamente un 80% dos costes das obras está subvencionado; o 20% restante é cuberto polo Concello.

Por outro lado, unha liña da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destinada á mellora de infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais. Esta subvención destínase a camiños en Marcón, Brollón, Fornelas e A Estación. Neste caso, un 70% é subvencionado e o 30% restante é cuberto polo Concello.

Esperamos con estas obras non só mellorar os accesos, senón tamén a vida diaria dos nosos veciños. 



RELACIONADO