O proxecto Adegas da Memoria, exemplo de ciencia cidadá

O proxecto Adegas da Memoria, exemplo de ciencia cidadá

26 October 2019/concello/Xeral

O proxecto etnoarqueolóxico Adegas da Memoria, que se desenvolve na parroquia guímara de Vilachá, foi presentado esta semana en Lisboa no 2º Encontro Nacional de Ciência Cidadã.

Este evento, organizado por un conxunto de universidades, asociacións e institucións portuguesas, busca a reflexión sobre a participación pública en procesos de investigación científica, a través de casos e proxectos concretos.

O director arqueolóxico Xurxo Ayán falou de como dende este proxecto estase a construír a memoria da Ribeira Sacra cos veciños de Vilachá de Salvadur como os protagonistas e os que realmente marcan a axenda científica. 

Estamos orgullosos de que un proxecto desenvolto en terras guímaras tivese representación neste evento como un exemplo de participación pública en procesos de investigación científica.

Adegas da Memoria é un proxecto do noso Concello e a Asociación de Veciños de Vilachá, que conta coa participación do Instituto de História Contemporânea (Universidade Nova de Lisboa) e do Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit-CSIC).

Podes consultar máis información sobre o proxecto na súa web: adegasdamemoria.com.



RELACIONADO