A unidade móbil de doazón de sangue chega á Pobra

doazón sangue Sergas A Pobra do Brollón

A unidade móbil de doazón de sangue chega á Pobra

17 September 2019/concello/Xeral

O mércores 18 de setembro chega á Pobra do Brollón a unidade móbil para doar sangue de ADOS, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Sergas. Estará aparcado diante do cuartel da garda civil entre as 16:00 e as 18:30. 

A época do verán é a máis complicada para manter constante a participación nas campañas de doazón de sangue. Neste verán, os hospitais precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes. Agora os guímaros temos a oportunidade de solidarizarnos coas persoas que dependen de nós para recuperar a saúde ou salvar a vida.

Se vas doar, lembra levar o teu DNI. Agarda 2 horas despois do xantar antes de doar, e informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.

No tríptico incluido abaixo hai máis información. Na web da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue podes atopar información sobre requisitos para doar sangue (https://bit.ly/2kocvtB) e sobre o proceso de doazón (https://bit.ly/2lZpdPC).  



RELACIONADO