Na liña das normas do novo estado de alarma decretado polo Goberno central, lembramos que están permitidas as reunións de ata 6 persoas, e que segue vixente o toque de queda dende as 23:00 ata as 6:00.
A partir desta medianoite (do venres 6 ao sábado 7) entrarán en vigor en Galicia novas medidas impostas pola Xunta que nalgúns concellos implica, entre outras normas, o confinamento perimetral e o peche da hostalería.
En concellos como A Pobra do Brollón onde a incidencia epidemiolóxica é menor, aplicaranse medidas menos estritas, como a redución ao 50% do aforo na hostalería.