Cine de verán co ciclo 'O Camiño na gran pantalla'

O camiño na gran pantalla, ciclo de cine Pobra do Brollón

Cine de verán co ciclo 'O Camiño na gran pantalla'

31 July 2019/concello/Cultura

‘O Camiño na Gran Pantalla’ é un ciclo de cine que terá lugar todos os xoves de agosto na área recreativa de Samugueiros, no centro da Pobra do Brollón. O ciclo comeza o xoves 1 con O Apóstolo, unha película de animación stop motiondirixida por Fernando Cotizo, gañadora de 6 premios Mestre Mateo e unha ducia de premios en certames internacionais.  

O ciclo enmárcase no plan ‘O Teu Xacobeo’, un programa de axudas da Xunta para dinamizar o Xacobeo 2021 de xeito participativo. Así, tres das cinco películas a proxectar están relacionadas co Camiño de Santiago. 

Ademais do filme que abre o ciclo, unha das películas de temática xacobea éPelegrinaxes (xoves 15). Dirixida polo italiano Simone Saibene, mestura documental e ficción para recrear o percorrido que fixeron en 1927 Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey entre Ourense e Santo André de Teixido. Está protagonizada pola actriz lucense Carmen Méndez, que interpreta a Luzía, una investigadora de Comunicación Audiovisual. 

The Way (‘O Camiño’) – dirixida por Emilio Estévez e protagonizada polo seu pai, Martin Sheen –popularizou o Camiño de Santiago en Estados Unidos. Esta é a última película do ciclo, o xoves 29.

As outras dúas películas do ciclo son Campeones–unha comedia dramática dirixida por Javier Fesser e gañadora do Premio Goya 2019 a mellor película – e Ralph rompe internet, película infantil de animación 3D producida en 2018.

Todas as películas proxectaranse ás 22:00 horas na área recreativa de Samugueiros.

O ciclo enmárcase nunha ampla oferta cultural este verán na Pobra do Brollón. O calendario completo pódese consultar aquí: http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/nova/verán-cultural-para-todos-os-públicos-na-pobra-do-brollón



RELACIONADO