Pases de cine solidario con 'La Niña Bonita' e 'El Loco del desierto'

Cine solidario Acnur A Pobra do Brollón

Pases de cine solidario con 'La Niña Bonita' e 'El Loco del desierto'

01 August 2019/concello/Cultura

Este sábado 3 de agosto comeza un ciclo solidario coa proxección da curta documental La Niña Bonita. A entrada ten un custe de 2€ que serán destinados integramente a Acnur, a axencia da ONU para os refuxiados.

Este documental relata en media hora a historia de dúas nenas que aos 15 anos deixaron de ser nenas para convertirse en refuxiadas. A proxección será na Casa da Cultura 'Olga Novo' ás 8 da tarde. 

O sábado 24 de agosto proxectarase outra curta documental, El loco del desiertoEste narra a historia e proxecto de Tateh Lehbib, un refuxiado saharauí que construíu un refuxio resistente ao calor e ás tormentas de area con botellas de plástico. Comezaron chamándolle 'tolo' pero agora é unha referencia internacional.

O importe deste documental (2€) tamén é solidario, destinado integramente a Acnur. Ademais destes dous documentais, o sábado 17 de agosto estará na Casa da Cultura o artista, fotógrafo e defensor dos dereitos humanos, Mohamed Said Hamdad. Ofrecerá a charla e proxección 'Papeles mojados', dende a súa experiencia como militante de Amnisitía Internacional en España e Alxeria, e mediador intercultural con SOS Racismo Galicia.

Estes eventos enmárcanse nunha ampla oferta cultural este verán na Pobra do Brollón. O calendario completo pódese consultar aquí: http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/nova/verán-cultural-para-todos-os-públicos-na-pobra-do-brollón

 

 



RELACIONADO