Un punto limpo exemplar

Punto limpo

Un punto limpo exemplar

01 July 2019/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón vén desenvolvendo un importante esforzo por coidar e respectar o medio ambiente. Ademais de ser pioneiros na provincia de Lugo na compostaxe comunitaria, con 6 illas na capitalidade municipal e desenvolvendo en Cereixa, Eixón e A Estación unha experiencia piloto coa entrega de 25 composteiros para o domicilio, conseguiuse crear un punto limpo exemplar en canto a residuos e funcionamento. A compostaxe comunitaria ten como obxectivo obter un recurso valioso para a súa aplicación na xardinería municipal ou reparto entre os participantes e supón un aforro para todos ao limitar os residuos que se trasladan a Sogama.

Pola súa banda, o punto limpo está aberto os mércores de 10.00 a 14.00 e trimestralmente, desde o Concello, desenvólvese recollida domiciliaria polas parroquias para levar ao Punto Limpo os residuos e materiais que teñen este destino e que moitas veces poden ter difícil traslado para a veciñanza.

No punto limpo pódense depositar todos os grandes residuos, como mobles, colchóns ou electrodomésticos. Non debe depositarse no punto limpo: uralita, pneumáticos. Recóllese aceites de vehículos somentes a particulares.



RELACIONADO