O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha na Semana Santa, visitas guiadas. Do 13 ao 19 de abril cóntase con dúas propostas para non perderse, Adegas da Memoria e Castro de San Lourenzo.
Adegas da Memoria, ofrece un paseo que une o conxunto de adegas tradicionais de Vilachá co Miradoiro da Capela sobre a Ribeira Sacra, percorrendo a memoria do lugar e os sabores dos seus viños. A proposta vincúlase ao proxecto mutidisplinar que vén de presentar o concello e que pon en valor as adegas de Vilachá, os conventos, os socalcos e a xente, a través do estudo científico da súa contorna e recollendo todo o proceso nunha serie que se pode ver a través das web https://adegasdamemoria.com. Este paseo rematará con visita ás adegas para probar os viños. A visita é de balde, pero o prezo dos viños dependerá do que fixe cada adegueiro. O punto de encontro para esta actividade é nas adegas de Vilachá ás 11.00h.
A outra visita guiada desta Semana Santa na Pobra do Brollón é ao Castro de San Lourenzo. A proposta pretende dar a coñecer este castro con reocupación medieval con igrexa e camposanto, que servirá de base para coñecer a historia da parroquia. O punto de encontro para esta actividade é a pé do castro ás 17.00 h.
O teléfono para Información e reservas sobre as visitas guiadas é o 650 624 828