Abre o prazo de matrícula para a Escola de Música 'Samoeiro'

escola de música A Pobra do Brollón

Abre o prazo de matrícula para a Escola de Música 'Samoeiro'

30 August 2019/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN 16/9

Os horarios das clases concretaranse unha vez rematado o prazo de matrícula. Procurarase adaptalos á dispoñibilidade do alumnado.

Este curso, debido ás obras actualmente en marcha no edificio da escola, as clases impartiranse na Casa da Cultura 'Olga Novo', excepto as clases de baile tradicional, que seguirán a impartirse no pavillón deportivo. 

– – –

A partir de setembro xa estará aberto o prazo de matrícula da Escola de Música 'Samoeiro', unha fantástica oportunidade para aprender e mellorar as habilidades musicais e de baile.

Para o curso 2019-2020 ofreceranse clases de varios instrumentos: acordeón, gaita, percusión tradicional, piano e frauta (de pico, traveseira, requinta e frautín). Tamén haberá clases de coro e formación vocal, así como de baile tradicional. Para nenos entre 5 e 12 anos, hai aulas específicas de iniciación musical, música e movemento e linguaxe musical

O prezo da matrícula son 90€, que inclúe unha materia. Para cada materia adicional, son 45€. Para matrículas de dúas persoas dentro dunha mesma unidade familiar, hai un prezo reducido de 75€ por cada matrícula (inclúe unha materia) e 35€ por cada materia adicional. 

As matrículas fanse entre o 2 e o 20 de setembro, de xeito presencial de 11:00 a 13:30 horas na biblioteca municipal (Casa da Cultura 'Olga Novo'). Para máis información, poden chamar nese horario no teléfono 982 430 546.



RELACIONADO