A licitación da residencia da Pobra do Brollón amplíase en 200.000 euros ata completar 1.800.000 euros

A licitación da residencia da Pobra do Brollón amplíase en 200.000 euros ata completar 1.800.000 euros

11 February 2019/concello/Xeral

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, vén de emitir un decreto, que terá que ser aprobado en pleno, no que se modifica o convenio coa Deputación Provincial de Lugo para acometer a residencia.

No primeiro convenio, asinado o pasado ano, estaba previsto licitar a residencia por 1.600.000 euros, pero unha vez completado o proxecto fanse necesarios 200.000 euros máis polo que é necesario asinar un novo convenio.

Para sacar adiante esta importante infraestrutura para o concello, desde a administración local, apórtanse 200.000 euros e os terreos.

Unha vez completado este trámite e despois de que a Deputación xa teña solicitado a licenza de obra, resta licitala. O novo convenio recolle a previsión de ter a obra feita para finais do 2020.



RELACIONADO