Programación do Entroido do Concello da Pobra do Brollón

Programación do Entroido do Concello da Pobra do Brollón

01 February 2019/concello/Cultura

Se buscas aventura, lánzate á lectura e conseguirás unha correcta escritura. Así presentamos o Obradoiro para nenos que xa saben ler e escribir. Para máis información deben de chamar ao 982 430 546 ou dirixirse á biblioteca municipal. Xa os días 15 e 22 de febreiro en horario de 17.00 a 18.30 desenvolveranse na biblioteca municipal obradoiros de entroido para nenos. Os obradoiros serán de:

  • Compadres e comadres
  • Caretas
  • Difraces
  • Antefaces 

Os días 21 e 28 de febrero celebrarase o IV Concurso de compadres e comadres nas modalidades de individual e colectivo (locais comerciais, colexios e asociacións do concello). As creacións para colectivos estarán colocadas nos lugares elexidos polos participantes; o xurado pasará ó longo da mañá para a súa valoración. As individuais concentraranse diante do Concello a partires das 18:30 para proceder a súa valoración e posterior queima. Para participar deberán anotarse na Biblioteca Municipal (982-430546) antes do 20 e 27 de febreiro respectivamente. Establécense dous premios por modalidade. O xurado valorará a orixinalidade, calidade e elaboración.

PREMIOS

  • Individuais : 1º premio   50 €, Accésit  20 €
  • Colectivos: 1º premio   100 €, Accésit  50 €

Námbolos dous xoves ao remate haberá chocolatada na Casa da Cultura.

O día 2 de marzo celebrarase o Desfile de disfraces, comparsas e carrozas, con saída do cruce da estrada de Saá a partir das 17.00 horas. Para participar hai que inscribirse na biblioteca antes do 1 de marzo, recollendo o número de participación, o sábado a partir das 16.00 horas. O Desfile contará co acompañamento da charanga “MIL 9”. A entrega de premios farase ao remate do Desfile na Casa da Cultura “Olga Novo”. No desfile establécense premios para os participantes do concello e os que veñen de fóra.

Os premios para os pertencentes ao concello son:

PREMIOS
CARROZAS

COMPARSAS DE 15  PERSOAS

COMPARSAS DE 5 A 14 PERSOAS

INDIVIDUAL DE 1 A 4 PERSOAS

1º PREMIO

175 €

175 €

100 €

50 €

2º PREMIO

125 €

125 €

80 €

40 €

3º PREMIO

75 €

75 €

50 €

30 €

4º PREMIO

-------------------

 ---------------------

------------------

20 €

5º PREMIO

-------------------

----------------------

------------------

10 €

 

Os premios para os non pertencentes ao concello son:

 

PREMIOS
CARROZAS

COMPARSAS DE 15  PERSOAS

COMPARSAS DE 5 A 14 PERSOAS

1º PREMIO

75 €

75 €

50 €

2º PREMIO

50 €

50 €

40 €

3º PREMIO

30 €

30 €

25 €

4º PREMIO

-------------------

 ---------------------

------------------

5º PREMIO

-------------------

----------------------

------------------

 

  • Cada unha das carrozas e comparsas de máis de 15 persoas, poderá nomear un representante para formar parte do xurado calificador.
  • Todas a carrozas inscritas levarán un mínimo de 40 € sen perxuício do premio que acaden.
  • Todas as comparsas de 15 ou máis persoas levarán un mínimo de 20 €  sen prexuizo do premio que acaden..
  • Os disfraces, comparsas e carrozas estarán cun mínimo de 20 minutos de antelación, sobre a hora da saída, no cruce da estrada de Saá.


RELACIONADO