Este domingo día 4 de novembro celébrase a III andaina outoniza que organiza o Concello da Pobra do Brollón. Despois de duas experiencias exitosas coa participación de medio cento de persoas en cada andaina, preparámonos para a seguinte cita: Camiñando da man de … Felipe Castro para facer a Ruta da castaña e do mel.
A saída será ás 10.00 da mañá de diante das cantinas de Salcedo. Farase un percorrido liñal de 9 km. polos montes de Salcedo de grande interese etnográfico e cultural. A andaina, de dificultade baixa, rematará ás 13.00 no souto de Paramedela cun magosto, o regreso ao inicio frarase en autobús. A actividade ten un prezo de 5 euros, sendo necesario inscribirse no 666 435 832.
Participa e vaite preparando para a seguinte proposta porque ao seguinte domingo celebramos una nova cita coas andainas outonizas. E os sábados xa sabes que temos en marcha as visitas outonizas.