I Recital de poesía Tinta da Terra

I Recital de poesía Tinta da Terra

17 October 2018/concello/Cultura

O concello da Pobra do Brollón organiza esta cita coas nosas letras que terá lugar o día 27 de outubro a partir das 17.30 na “Adega Couso”, en Vilachá de Salvadur. Encargaranse do recital os/as poetas Olga Novo, Antón Lopo, Teresa Moure, Mónica Sánchez e Noa Moreira. Ao remate do recital ofrecerase aos asistentes viño de Vilachá e petiscos.

Esta proposta cultural vense a sumar a todas as iniciativas que está desenvolvendo o equipo de goberno de cara a promocionar e poñer en valor os recursos propios e as nosas raíces culturais. Ademais dos roteiros e xornadas para afondar no patrimonio do concello, desenvólvense ao longo do ano citas xa consolidadas como o entroido, a Feira do Viño de Vilachá, a Feira Medieval Guímara, os cantos de taberna ou As Cores de Outono e xurden novas propostas que neste caso nos achegan á poesía da man de autores da contorna.



RELACIONADO