Xornadas de intercambio e confraternidade entre os Campos de Traballo da Pobra do Brollón e Pantón

Xornadas de intercambio e confraternidade entre os Campos de Traballo da Pobra do Brollón e Pantón

08 August 2018/concello/Xeral

Campo de Traballo do Castro de San Lourenzo no concello da Pobra do Brollón visitará este mércores día 8 pola tarde o Campo de Traballo Rota do Románico de Pantón. O venres día 10 serán os rapaces de Pantón os que se pasen o día no Castro de San Lourenzo co Campo de Traballo Arqueolóxico que aquí se desenvolve. A visita coincidirá coa romaría de San Lourenzo, que cada ano da máis protagonismo ás pontecialidades do Castro e que ademais nesta ocasión contará con dous días de actividades. 

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, quixo aproveitar este intercambio entre os campos de traballo para convidar a xantar ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, que aceptou a invitación.  A iniciativa de visitar os respectivos campos de traballo foi promovida polos propios campos de traballo para afondar no intercambio cultural e na promoción dos territorios e das súas potencilidades.

O programa da romaría do San Lourenzo é o seguinte:

Venres 10:

11.00 Misa

11.30 Procesión

13.00 Vermú arqueolóxico

Xantar

16.00 Obradoiros arquelóxicos

18.00 Obradoiro de baile tradicional (Rebeca Tallón Armada e Roberto Rodríguez Páramo)

19.00 O Garabelo

20.30 Cea popular

22.00 Concerto de blues no Castro

23.00 Observación das bágoas de San Lourenzo

00.00 Verbena

Sábado 11:

11.00 Recreación de Campamento romano a cargo da Asociación Pax Romanado Arde Lucus. 

Obradoiros e exhibicións

Andaina á feira da Pobra do Brollón polo Camiño de Inverno

17.30 Teatro infantil na Área de Samugueiros

18.30 Concerto Ukestra do Mediotamén na Área de Samugueiros.



RELACIONADO