Viaxes á praia este verán

Viaxes á praia este verán

02 July 2019/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón xa ten a axenda para as viaxes á praia deste verán, co obxectivo de que a veciñanza poida gozar desta opción de lecer. Hai viaxes programadas para o día 14 de xullo a Samil, o 28 de xullo a Viveiro, o 4 de agosto a Miño e o 18 de agosto a Samil.

As saídas serán de diante do Cuartel da Garda Civil ás 8.00 horas.

Para participar destas viaxes é necesario inscribirse antes das 12.30 do venres anterior á viaxe. A inscrición farase na Biblioteca Municipal, debendo aboar no momento da inscrición os 10 € da viaxe. As prazas son limitadas. Aconséllase levar roupa cómoda e lémbrase que as comidas son por conta do viaxeiro.



RELACIONADO