O concello da Pobra do Brollón acorda declarar persoas non gratas aos membros da manada.

O concello da Pobra do Brollón acorda declarar persoas non gratas aos membros da manada.

30 June 2018/concello/Xeral

O grupo municipal do BNG na Pobra do Brollón presentaba ao pleno de onte unha moción solicitando á corporación municipal declarar persoas non gratas aos membros da manada, os cinco agresores dunha moza nos San Fremíns de 2016, que despois de estar condenados a 9 anos de prisión están na rúa. A iniciativa nacionalista aprobouse por unanimidade cos votos do BNG e do PP, nun pleno no que o PSOE estivo ausente.

A moción do BNG considera que as corporacións  municipais deben dar un paso máis e poñer o seu gran de area na denuncia desta inxustiza, sumándose por iniciativa propia ao berro cidadán polo caso da manada. Deste xeito o concello da Pobra do Brollón da cumprimento a esta petición e convértese no primeiro concello do sur da provincia de Lugo en tomar este acordo.

Ademais da declaración de persoas non gratas, aprobouse trasladar o acordo plenario á representación legal dos cinco condenados a 9 anos de prisión e tamén á representación legal da vítima para que sexa coñecedora do apoio real que ten.



RELACIONADO