O Concello da Pobra do Brollón a través do GDR Ribeira Sacra – Courel acolle estas xornadas destinadas a rapaces/zas de entre 12 e 16 anos.
OBXECTIVOS DAS XORNADAS:
- Que @s moz@s coñezan conceptos básicos das distintas fases do proceso de produción e realización audiovisual.
- Que @s moz@s se acheguen ás potencialidades que ten a imaxe en movemento, nun momento no que o dixital manda e o audiovisual como contido de calidade se convirte nunha peza clave.
- Que @s moz@s se convertan en masa crítica á hora de analizar a multitude de produtos audiovisuais que nos rodean. Que coñezan o traballo que hai detrás do que despois se ve.
- Poñer en valor o territorio. Que @s alumnos coñezan outros modos e outras formas de ver para achegarse aos seus concellos.
- Que vexan o seu concello desde outro punto de vista, como “esceario” dunha grabación para que a xente o coñeza.
- Que queiran mostrar o mellor que ven no seu concello e que fagan partícipes aos adultos.
- Cada concello tería a súa peza audiovisual cux@s autor@s serían @s rapaces/zas
CONTIDOS DE CADA XORNADA
Xornada I Presentación e obxectivos. Teoría da produción documental e do guión.
Parte práctica:
Proxecións
Evolución das vídeocámaras nos últimos 25 anos.
Posta en común para preparación do guión
Xornada II:Guión e grabación
Parte práctica:
Posta en común das propostas de guión para perfilar un guión final (analizar os pros e contras das diferentes ideas)
Saída á capitalidade municipal para grabar c@s rapaces/zas os escearios da capitalidade municipal escollidos por el@s.
Xornada III:Rodaxe, novas técnicas. Visionado do material. Remate do guión.
Parte práctica:
Timelapse. Explicación da técnica básica e grabación.
Visionado do material.
Readaptación do guión en base ao material que hai.
Que @s alumn@s vexan como se vai construíndo a historia.
Xornada IV Montaxe e postprodución
(Os planos suxerid@s pol@s alumn@s no resto da capitalidade municipal grabaranos os profesionais de Némesis Audiovisual encargad@s de impartir as xornadas e aqueles alumn@s que o queiran facer pola súa conta e dispoñan de móbil. Na xornada IV presentarase un boceto de montaxe que se completará cos alumn@s nesta xornada).
Parte práctica:
Funcionamento do programa de edición e nocións básicas de montaxe.
Realización da montaxe final.