Do 10 ao 13 de Febreiro a localidade de Salcedo celebra o entroido, cita obrigada coa etnografía e a festa.
O día 10 abriranse as actividades a partir das 22.00 h. no local social coa representación teatral por parte dos veciños que se repetirá o Sábado á mesma hora.
O día 11 ás 17.00h sairán as madamas e danzantes que farán un pasarrúas co grupo de gaitas “Os Tocainas”. O actor e cómico Avelino González dará o pregón ás 18.00 h. Dúas horas despois comezará o baile co trío “Sabor Latino” e trala sesión de teatro seguirá a festa coa orquestra “Los Satélites”.
O Luns día 12 ás 16.30h da tarde sairá o osiño cos seus criados e media hora despois sairá O OSO cos seus criados, haberá animación musical cunha charanga e ás 21.00h celebrarase cea popular e baile coas orquestras “Fania Blanco Show” e “Nevada”.
O punto e final ao entroido de Salcedo porase o día 13 con animación musical para grandes e cativos a partir das 19.00 h. Ás 21.00h haberá paellada gratuita e baile coa orquestra “Gran Parada” para o concurso de disfraces no que se establecen 3 categorías: individual, parellas e grupos de máis de 5 persoas.