Abre el plazo de matrícula en las clases de gimnasia y pilates

Abre el plazo de matrícula en las clases de gimnasia y pilates

26 August 2024/concello/Xeral

O prazo de matrícula nas actividades de ximnasia e pilates para o curso 2024-25 estará aberto do 26 ao 30 de agosto.

Prevese comezar as actividades o día 3 de setembro. Desenvolveranse no pavillón municipal, excepto as actividades por parroquias.

Para que poidan realizarse, precísase un mínimo de 15 persoas por grupo para as actividades na Pobra e 10 persoas por grupo para as actividades por parroquias.

O prezo para pilates (un día á semana) é de 15€ ao mes e de ximnasia (dous días á semana) é de 20€ ao mes.

matrícula debe realizarse do 26 ao 30 de agosto na Biblioteca municipal en horario de 10:30 a 13:00 ou nas oficinas de Servizos Sociais (de 9:00 a 13:00). Terán prioridade as persoas empadroadas.

Os horarios das actividades na Pobra do Brollón son:

  • Pilates: xoves de 18:00 a 19:00
  • Ximnasia:
    • Grupo 1: martes e xoves de 19:00 a 20:00 
    • Grupo 2: martes e xoves de 20:00 a 21:00

As parroquias interesadas en formar grupo deben contactar con Servizos Sociais.



RELACIONADO