Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza da Pobra do Brollón

Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza da Pobra do Brollón

15 May 2024/concello/Xeral

A Casa da Cultura 'Olga Novo' da Pobra do Brollón acollerá, o vindeiro xoves 23 de maio, unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica. Terá lugar ás 19:00 horas. Finalizará coa entrega do material necesario (manual de compostaxe, composteiro e aireador) para levar a cabo a reciclaxe dos residuos orgánicos.

É un evento aberto a toda a veciñanza da Pobra do Brollón que dispoña dun terreo cun mínimo de 50 m2 no que instalar un composteiro. 

O número de composteiros a repartir é limitado, polo que instamos a aquelas persoas que desexen recibir un, a inscribirse previamente a través da web https://pobradobrollon.rsu.gal/, reservando así o material. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.

É unha xuntanxa de importancia para toda a veciñanza xa que a boa xestión dos residuos e a redución do seu impacto no medio ambiente correspóndenos a todos e a todas.

Máis información a través do teléfono 647 521 464 ou do correo residuos@concellodapobradobrollon.gal.

Esta campaña conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.



RELACIONADO