Publicadas as bases do Obradoiro dual de Emprego 2023-24

Publicadas as bases do Obradoiro dual de Emprego 2023-24

09 October 2023/concello/Xeral

Están publicadas as bases de selección do Obradoiro dual de emprego “O Incio, A Pobra do Brollón, e Bóveda” para as anualidades 2023-2024.

Tanto as bases como os impresos para solicitar están dispoñibles nas oficinas municipais de luns a venres de 8 a 14.30 horas e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Pobra do Brollón no enderezo https://concelloapobradobrollon.sedelectronica.es.

Data máxima de inscrición na Oficina de emprego de Monforte de Lemos ata o martes día 17/OUTUBRO/2023.

Unha vez preseleccionados pola Oficina de emprego serán convocados polos respectivos concellos para a presentación de documentación máximo ata o martes día 24/Outubro/2023.

 



RELACIONADO