Proxectamos 'O corpo aberto' este domingo 1 de outubro no Ciclo Mestre Mateo

Proxectamos 'O corpo aberto' este domingo 1 de outubro no Ciclo Mestre Mateo

25 September 2023/concello/Cultura

O Ciclo Mestre Mateo continúa este domingo 1 de outubro coa película ‘O corpo aberto’, gañadora de 12 premios Mestre Mateo, entre eles, Mellor longametraxe, Mellor guión e Mellor interpretación masculina protagonista.

A proxección será ás 19:00 horas na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Sinopse da película: 

1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.

As seguintes proxeccións programadas na Pobra do Brollón son: 

  • María Casares. A muller que viviu mil vidas. Domingo 15 de outubro.
  • Unicorn wars. Domingo 29 de outubro.
  • Onde máis doe. Domingo 12 de novembro.
  • No somos nada. Domingo 26 de novembro.



RELACIONADO