Abre o prazo de matrícula nas actividades para adultos do curso 2023-24

Abre o prazo de matrícula nas actividades para adultos do curso 2023-24

23 August 2023/concello/Xeral

Abre o prazo de matrícula nas actividades do curso 2023-24 na Pobra do Brollón: ximnasia, ioga, pilates, zumba, baile de salón e manualidades (ver horarios abaixo).

matrícula debe realizarse presencialmente do 24 ao 30 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas, na Biblioteca municipal ou nas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura ‘Olga Novo’).

Debido a unha cuestión técnica, o pago deberase realizar en efectivo e non por domiciliación, como informamos inicialmente. O pago realizarase trimestralmente, presentando a cantidade do primeiro trimestre no momento de realizar a matrícula

Os prezos para as actividades dun día á semana é de 15€ ao mes para persoas empadroadas, ou 20€/mes para non empadroadas. Para as actividades de dous días á semana, 20€ ao mes para persoas empadroadas, ou 25€/mes para non empadroadas.

Para que as actividades poidan realizarse, precísase un mínimo de 15 persoas por grupo para as actividades na Pobra e 10 persoas por grupo para as actividades por parroquias. No caso de non facer grupo dalgunha actividade, dende o Concello avisaremos ás persoas matriculadas e non se lles pasará o pago.

As actividades comezarán o venres 1 de setembro. Desenvolveranse no pavillón municipal, excepto as actividades por parroquias.

Horario das actividades:

  • Manualidades: os luns de 19:00 a 20:30
  • Baile de salón: luns de 21:15 a 22:15
  • Pilates: xoves de 17:00 a 18:00
  • Ioga: mércores de 17:00 a 18:00
  • Zumba: venres de 18:30 a 19:30
  • Ximnasia en Pobra:
    • Grupo 1: martes e xoves de 19:00 a 20:00 
    • Grupo 2: martes e xoves de 20:00 a 21:00
    • Grupo 3: xoves de 18:00 a 19:00
  • Ximnasia en Castroncelos: martes de 17:00 a 18:00
  • Ximnasia en Pacios: martes de 18:00 a 19:00
  • Ximnasia en Cereixa: xoves de 12:00 a 13:00


RELACIONADO