A iniciativa 'Ciencia á Feira' chega á Pobra o 11 de xuño para divulgar sobre micorrizas e microenxertos

A iniciativa 'Ciencia á Feira' chega á Pobra o 11 de xuño para divulgar sobre micorrizas e microenxertos

31 May 2024/concello/Xeral

O proxecto de divulgación científica Ciencia á Feira chegará á Pobra do Brollón o martes 11 de xuño, coincidindo coa primeira feira do mes. Estará o posto a partir das 12:00 na Avenida de Galicia.  

Explicarase de xeito sinxelo a utilidade histórica dos enxertos para a produción de froitos nas árbores e o concepto de microrriza e a súa función. Ademais, desenvolverase un microenxerto in vitro de castiñeiro empregando un híbrido resistente á enfermidade da tinta que afecta a esta árbore.

Ciencia á Feira é un proxecto interxeracional e comunitario de divulgación informal da ciencia organizado por XuvenCiencia, un grupo interdisciplinario de innovación docente no que se integra profesorado de todas as facultades e escolas do Campus de Lugo da USC.



RELACIONADO