Volve o Campamento de Verán

Volve o Campamento de Verán

05 June 2023/concello/Xeral

En xullo volve o Campamento de Verán da Pobra do Brollón. 

Este ano, con novos obradoiros extra divertidos: actividades na natureza, arqueoloxía, creación de xogos, xornalistas da Guimaralia...

O campamento ten un custo total de 10€. Ofrecerase de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00, dende o 3 de xullo ata o 11 de agosto.

Está orientado a nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade, aínda que se hai maiores de 12 anos interesados, animamos a que se poñan en contacto para ver opcións.

O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de xuño. As prazas son limitadas. 

Máis información e inscricións nas oficinas de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón, no teléfono 982 430 447 ou no email educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.

Actividade co-financiada con fondos da Unión Europea-NextGenerationEU a través da subvención Territorio Cultura.



RELACIONADO