Redúcese atención no fogar e suspéndense eventos culturais ante os gromos de Covid-19 en concellos limítrofes

Redúcese atención no fogar e suspéndense eventos culturais ante os gromos de Covid-19 en concellos limítrofes

20 August 2020/concello/Xeral

Redúcese a atención no fogar de Servizos Sociais e suspéndense os eventos culturais organizados polo Concello da Pobra do Brollón como medida de precaución ante os gromos de Covid-19 detectados nos últimos días en concellos limítrofes.

O servizo de atención no fogar limitarase aos casos de maior necesidade de forma cautelar ante a situación da Residencia de Maiores do Incio. A cancelación de eventos afecta ao torneo de picadiscos Pratos e Discos que continuaba este venres. O evento posporase ata novo aviso. 

“Dende o Concello non temos constancia polo de agora de ningún contaxio dentro do noso municipio, pero sabemos que o virus non entende de fronteiras polo que tomamos esta medida cautelar ata que se estabilice a situación,” aclara o alcalde Xosé Lois Maceda.

O alcalde recorda que o Concello e a veciñanza deben facer un “exercicio de responsabilidade” usando o sentido común e respectando todas as medidas de seguridade, como o uso estrito de máscara, a desinfección constante e correcta de mans e o distanciamento social. Tamén recoméndase evitar os focos dos gromos.



RELACIONADO