Nuevo taller de brindos el primer sábado de junio

Nuevo taller de brindos el primer sábado de junio

24 May 2023/concello/Cultura

O sábado 3 de xuño, celebrarase un novo obradoiro de brindos guímaros. Desta volta, será no Furancho O Currio, na aldea de Trasmonte, Vilachá de Salvadur. 

O obradoiro é de balde e aberto a todo o mundo, participaran ou non en obradoiros anteriores.

Esta actividade é financiada con fondos da Unión Europea-NextGenerationEU a través da subvención Territorio Cultura xestionada pola Xunta de Galicia.

O obradoiro de brindos coincide ademais cunhas xornadas de Convivencia Poética que organiza o propio Furancho O Currio. O domingo 4 ás 13:00 h haberá un vermú poético aberto ao público no que recitarán as poetas Noa Moreira, Nuria Vil e Lucía Aldao. 



RELACIONADO