Corenta casas participan no programa de compostaxe doméstica

Corenta casas participan no programa de compostaxe doméstica

18 May 2023/concello/Xeral

Corenta veciños e veciñas da zona rural da Pobra do Brollón participan no programa de compostaxe doméstica municipal, desenvolto en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O programa, iniciado na anualidade 2022, contou con grande acollida entre a veciñanza tal e como desprenden os seguimentos efectuados “porta a porta” por técnicos especialistas na materia.

A maioría dos compostadores está a funcionar de xeito correcto, o que contribúe en boa medida á redución de residuos orgánicos a depositar nos colectores convencionais, así como á redución da emisión de gases efecto invernadoiro á atmósfera.

 



RELACIONADO