Continúa a difusión da campaña de compostaxe doméstica

Continúa a difusión da campaña de compostaxe doméstica

10 November 2022/concello/Xeral

O vindeiro venres, día 11 de novembro, de 10:30 a 13:30 h, habilitarase na Avda. de Galicia un posto informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños e veciñas do termo municipal se poidan informar e inscribir na campaña. Esta acción complementa á xa desenvolvida o 25 de outubro neste mesmo emprazamento, con grande acollida entre a veciñanza.

A campaña está ideada para a participación de 40 vivendas pertencentes preferentemente á zona rural, sendo a condición indispensable posuír un espazo de horta e/ou xardín no que colocar un composteiro, que recibirán de forma totalmente gratuíta.

As persoas interesadas poden inscribirse ben na propia carpa ou ben nas oficinas municipais, presencial ou de forma telefónica no 982 430 001, ata mediados do mes de novembro ou ata fin de existencias.

Esta iniciativa desenvolvese en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia –no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU–, e complementa a outras iniciativas desta índole realizadas polo ente municipal.

Dende o Concello da Pobra do Brollón anímase a veciños e veciñas a súa participación, para entre todos colaborar por un concello limpo e respectuoso co medio ambiente.



RELACIONADO