O novo curso da Escola de Música abriu o prazo de matrícula

O novo curso da Escola de Música abriu o prazo de matrícula

05 September 2022/concello/Cultura

Abriu o prazo de matrícula para o curso 2022-23 da Escola de Música municipal Samoeiro. Estará aberto dende hoxe ata o 30 de setembro.

En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos.

A maiores destas materias, ofrécense clases de baile tradicional galego, percusión tradicional, acordeón, gaita, frauta de pico e traveseira, piano e guitarra

O prezo anual da matrícula nunha materia son 90€. Para cada materia adicional, son 45€. Ademais hai un prezo reducido para membros dunha mesma unidade familiar (75€ unha materia e 35€ por cada materia adicional). Enténdese por unidade familiar a formada por unha parella ou os fillos de calquera deles que figuren empadroados no mesmo domicilio.

O pago ten que ser domiciliado obrigatoriamente. Pódese fraccionar o pago. Poden matricularse persoas residentes tanto na Pobra do Brollón como noutros concellos.

A matrícula realízase de xeito presencial na biblioteca municipal sita na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, en horario de 11:00 a 13:30. Tamén se pode facer na Sede Electrónica da web do Concello da Pobra do Brollón (en 'Trámites destacados'). Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 430 546.



RELACIONADO