O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón para facilitarlles aos veciños a reciclaxe e depósito seguro de pequenos residuos contaminantes. No mes de xuño parará en Eixón, Piño, Óutara, Canedo, Pacios de Veiga, Veiga, Santalla de Rei e A Ferreirúa.

Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:
- Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)
- Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos
- Aceite usado de cociña
- Pilas, baterías e acumuladores
- Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes
- Envases baleiros de pinturas
- Tóners e cartuchos de impresoras
O punto limpo móbil forma parte do programa do Concello da Pobra do Brollón ‘Menos residuos, máis vida’. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder.
Consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo da Pobra para a súa xestión correcta.