Datos do Covid-19 na Pobra do Brollón

Datos do Covid-19 na Pobra do Brollón

09 March 2021/concello/Xeral

Segundo a última información recibida esta mañá do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, actualmente hai no municipio 5 casos activos por Covid-19. Todos evolucionan ben.

Ademais informamos de que o cribado aleatorio realizado polo Sergas entre o pasado venres e sábado non detectou ningún positivo por Covid-19. A participación foi alta: acudiron 222 persoas, que representan un 75% da poboación citada.

Recordamos que na Pobra do Brollón estase aplicando dende onte luns 8 o nivel de restrición máxima. Podes consultar as medidas completas deste nivel na web do Sergas.



RELACIONADO