Información sobre o Servizo de Atención Temperá para familias residentes na Pobra do Brollón

Información sobre o Servizo de Atención Temperá para familias residentes na Pobra do Brollón

23 December 2021/concello/Xeral

Esta semana tivo lugar na nosa Casa da Cultura unha reunión informativa para pais e nais co psicólogo e a terapeuta ocupacional do Servizo de Atención Temperá.

Este servizo serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento en nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade.

Aínda que a Unidade de Atención Temperá está localizada en Quiroga, o noso Concello ten un convenio para poder ofrecer este servizo ás familias residentes no noso municipio.

Trátase dun servizo gratuíto para todas as nenas e nenos. Na Unidade traballan profesionais da psicoloxía, da logopedia, da fisioterapia e da terapia ocupacional.

Calquera pai, nai ou coidador/a pode informarse e resolver dúbidas contactando coa Unidade no teléfono 982 435 176 ou no correo satcomarcaquiroga@gmail.com



RELACIONADO