Información sobre os puntos de acopio de plásticos agrícolas

Información sobre os puntos de acopio de plásticos agrícolas

15 December 2020/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón acondicionou os puntos de acopio de plásticos agrícolas de Lamaigrexa e Pacios: arranxouse o peche perimetral e púxoselle cadeado. O Concello daralle unha chave a cada un dos usuarios/as co fin de evitar o mal uso da instalación.

Os traballos realizáronse grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a "Mellora e adecuación dos puntos de almacenamento e recollida de residuos plásticos de Pacios e Lamaigrexa".

Os puntos de acopio de plásticos de uso agrícola e gandeiro son instalacións para que os usuarios/as (autónomos/as do sector agrícola e gandeiro) deste concello depositen os plásticos que xa non usen nas súas explotacións, para a súa posterior recollida.

Son, por exemplo, os plásticos que se utilizan na protección dos cultivos mediante acolchados, túneles e invernadoiros; ou ben outras aplicacións como mallas de sombreo ou antisarabia, e ensilado de forraxes.

Que despositar?

Única e exclusivamente plásticos agrícolas.

Como depositar?

  • Evitaremos no posible a mestura con restos de plantas, forraxes ou terra.
  • Intentaremos depositalos envoltos para evitar que poidan ser levados polo vento e así tamén aproveitarase máis a capacidade da instalación.
  • Deixaremos sempre a instalación pechada.

NON depositar:

  • Cordóns
  • Envases de fitosanitarios e/ou produtos deterxentes
  • Ferros, mobles, materiais de construción….

LEMBRA: Este punto de acopio é SÓ para plásticos de uso agrícola!

Nota: Para os usuarios/as que non teñan chave hai unha a súa disposición na casa do Óscar para os usuarios/as do punto de Lamaigrexa e outra na casa do Ramiro para os usuarios/as do punto de Pacios de Veiga.

Recordamos que tamén hai un punto de acopio de plásticos agrícolas en Canedo. 



RELACIONADO