En vigor as novas medidas restritivas da Xunta fronte ao COVID-19

En vigor as novas medidas restritivas da Xunta fronte ao COVID-19

04 December 2020/concello/Xeral

A partir da medianoite de hoxe venres 4 xa están en vigor as medidas da Xunta de Galicia fronte ao COVID-19, que aplican limitacións á mobilidade e ás xuntanzas.

No concello da Pobra do Brollón, pola baixa incidencia epidemiolóxica, aplícanse as medidas xerais, entre as cales, as reunións sociais seguen limitadas a 6 persoas e os aforos son do 50%. Consulta aquí este documento (PDF) no que a Fegamp detalla as medidas xerais, que se aplican na Pobra do Brollón.

Hai que recordar que o toque de queda mantense de 23:00 a 06:00 e que Galicia está pechada perimetralmente ata as 00:00 do mércores 9. 

Esta táboa elaborada pola Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) resume as restricións máis estritas en vigor nalgúns concellos galegos e que debes ter en conta se pensas moverte pola Comunidade Autónoma estes días. 

A lectura íntegra no DOG aquí: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201203/2508/AnuncioC3B0-031220-1_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201203/2508/AnuncioC3K1-031220-4_gl.html

 



RELACIONADO