A partir da medianoite de hoxe venres 4 xa están en vigor as medidas da Xunta de Galicia fronte ao COVID-19, que aplican limitacións á mobilidade e ás xuntanzas.
Hai que recordar que o toque de queda mantense de 23:00 a 06:00 e que Galicia está pechada perimetralmente ata as 00:00 do mércores 9.
Esta táboa elaborada pola Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) resume as restricións máis estritas en vigor nalgúns concellos galegos e que debes ter en conta se pensas moverte pola Comunidade Autónoma estes días.